A iniciativa veciñal SOMOS MAIORIA celebrou onte unha Asemblea Aberta no Auditorio onde aprobou as contas da campaña electoral que ascenderon a 1.648,76 euros de gasto total.
Somos Maioría xuntouse onte en Asemblea Aberta para aprobar as contas da campaña electoral, falar da sesión de constitución da nova corporación municipal, organizar o traballo a realizar nos próximos meses, e informar da xuntanza co concelleiro electo do PSOE Alberto Varela.
En canto as contas, os gastos totais da campaña correspondentes á carteis, trípticos, papeletas e megafonía ascenden a 1.648,76 euros, o que ven a demostrar que se pode chegar á xente facendo unha campaña austera e axustada ao que se quere comunicar.
En relación ao traballo a realizar nos próximos meses, decidiuse que o inmediato terá que ser constituír un concello transparente e participativo. A tal fin terase que crear no concello de Vilagarcía os Consellos Veciñais e unha elaboración dos próximos orzamentos de xeito participativo, na que a cidadanía interveña activamente, porque queremos unha forma diferente de facer política. Somos Maioría se ratifica na súa intención de ser un instrumento de mobilización cidadá e de democracia participativa.
Con respecto á reunión con Alberto Varela e ante a falta dunha proposta concreta por parte do partido político ao que lle corresponde formar goberno, a asemblea acordou quedar á expectativa e continuar a defender o noso Programa e o noso Código Ético.
Vilagarcía de Arousa, a 10 de xuño de 2015