Arquivo da categoría: Código Ético

10.738,49€

10.738,49€, esa é a cantidade que a nosa formación lle devolve ao Concello de Vilagarcía de Arousa en forma de doazón para que se AMPLÍE A PARTIDA DE AXUDAS DE EMERXENCIA DA CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS.

Onte, algúns membros da nosa formación deron unha rolda de prensa para facer público o noso xesto para así cumprir coa decisión tomada en asemblea e coa esperanza de que algún outro grupo político tome medidas semellantes.

Cómpre lembrar que Somos Maioría ingresa ao mes 600€ por ter un único concelleiro, pero os demais grupos ingresan cantidades que multiplican proporcionalmente esta cifra (BNG 900€, EU 1.200€, PP 2.400€ e PSdG-PSOE 2.700€). Todo iso suponlles ás arcas municipais, que nos encargamos de encher todas e todos, a impoñente cifra de 7.800€ ao mes.

Se nos paramos a pensar, todos os grupos municipais temos á nosa disposición no Concello de Vilagarcía de Arousa un despacho totalmente equipado (teléfono, conexión á Internet, todos os consumibles, etc.) polo que non entendemos que se teñan que dedicar tales cantidades aos Grupos Políticos Municipais.

Estes son os documentos que se presentaron no Rexistro Xeral do Concello xustificando a transferencia bancaria e solicitando que se destine o diñeiro a AMPLIAR A PARTIDA DE AXUDAS DE EMERXENCIA DA CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS.

Agora, só nos queda esperar que cunda o exemplo…

 

Nómina do noso concelleiro e achega ao Grupo Municipal

Coma cada mes, achegámosvos a copia da nómina percibida polo noso concelleiro en concepto de asistencias a plenos e comisións informativas correspondente ao pasado mes de novembro.

nomina-novembro-gaspar-somoza

Do mesmo xeito, achégase tamén copia do documento contable no que figura a achega mensual de 600 euros en concepto de axudas ao Grupo Municipal de Somos Maioría  (PDDdG). Neste momento, na nosa conta bancaria existe un saldo positivo de 8.38,49€, tralo ingreso municipal e o cobro de comisións bancarias polo mantemento da conta.

achegas-grupo-municipal-novembro-2016

 

Coma cada mes, achegámosvos a copia da nómina percibida polo noso concelleiro en concepto de asistencias a plenos e comisións informativas correspondente ao pasado mes de outubro.

 

DataWindow

Do mesmo xeito, achégase tamén copia do documento contable no que figura a achega mensual de 600 euros en concepto de axudas ao Grupo Municipal de Somos Maioría  (PDDdG). Neste momento, na nosa conta bancaria existe un saldo positivo de 8.370,49€.

achegas-grupo-municipal-outubro-2016

DataWindow

Do mesmo xeito, achégase tamén copia do documento contable no que figura a achega mensual de 600 euros en concepto de axudas ao Grupo Municipal de Somos Maioría  (PDDdG). Neste momento, na nosa conta bancaria existe un saldo positivo de 7.770,49€.

achegas-grupo-municipal-setembro-2016

Resumo da Xestión V: estado de contas e declaración de bens

Unha vez recibidos os últimos documentos, xa subidos a este mesmo blog, poñemos á vosa disposición o balance das nosas contas, así como a declaración de bens do noso concelleiro desde que comezou a nosa andaina na Corporación Municipal.

Gaspar Antonio González Somoza, en calidade de concelleiro de Somos Maioría Vilagarcía percibiu desde o día 13 de xuño de 2015 ata a actualidade a cantidade bruta de 4.510 €.

Tal e como esixe a lei, para poder asumir a súa acta de concelleiro, tivo que facer unha declaración de bens, que consta unicamente dun turismo en copropiedade matriculado en abril de 2007, valorado nese momento en 3.000€.  Achéganse as imaxes do documento asinado na Secretaría Xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa o 8 de xuño de 2015.

declaracion-de-bens-de-electos-1 declaracion-de-bens-de-electos-2 declaracion-de-bens-de-electos-3

Ademais diso, no momento de aceptar o seu cargo, na conta corrente do concelleiro había un saldo positivo de 258,36€. No momento actual, o saldo nesa mesma conta, na que se ingresan as nóminas percibidas en concepto de asistencia a plenos e comisións informativas ademais dos ingresos pola súa actividade profesional no eido artístico, é de 1.078,73€.  Achégase tamén copia do Rexistro de Incompatibilidades de Electos no cal se declara a relación de actividades profesionais que lle proporcionan ingresos económicos, asinada o 8 de xuño de 2015.

rexistro-de-incompatibilidade-de-electos-1 rexistro-de-incompatibilidade-de-electos-2

Polo que respecta á conta corrente do noso grupo municipal, despois das achegas que realiza o Concello de Vilagarcía, o saldo é de 7.170,49€, pendentes de ser empregados no que conveña a nosa Asemblea.

Resumo da Xestión IV: Actos Públicos e Privilexios Rexeitados

Tal e como nos comprometemos no noso Código Ético, a nosa representación rexeita os privilexios dos que poden gozar aquelas persoas que fosen elixidas como representantes públicas. Así, durante todo este período, o noso concelleiro recibiu a invitación a determinados actos e ofrecémosvos a listaxe daqueles aos que acudiu en representación do noso Grupo Municipal ou aqueles aos que rexeitou asistir por diferentes motivos.

ACTOS AOS QUE ASISTIU

  • Comida do Basket Base Club Vilagarcía: asistiu despois do xantar a saudar. Non aceptou o convite á comida.

Romaría das Persoas Maiores 2015 e 2016: asistiu despois do xantar a saudar e participar na entrega de premios dos campionatos e concursos que se celebraron. Non aceptou o convite á comida.

Actos protocolarios da Fundación Lar.

Actos culturais da AA.VV. de Fontecarmoa.

Pregón Festas de San Roque 2015 e 2016.

Recepción no Concello a Gustavo César Veloso como gañador da Volta a Portugal.

Festas de San Miguel da Torre: asistiu a título particular a unha verbena. Rexeitou participar nos actos relixiosos.

Acto homenaxe a Manuel Blanco Mariño.

Arousa Fútbol 7: asistiu á fase final do campionato e participou na entrega de trofeos. Rexeitado o convite, pagou na billeteira a súa entrada.

Inauguración da exposición “Petografías” no Salón García.

Homenaxe  aos tres aviadores falecidos no monte xiabre o 8 de setembro de 2016: ademais de ser o noso o grupo que presentou a moción para esta homenaxe, o noso concelleiro asistiu como membro da Corporación Municipal aos actos ao pé do monumento e á inauguración da exposición fotográfica e á presentación do documental sobre o accidente. Rexeitou o convite ao pincho posterior na Casa da Cultura de Guillán.

INVITACIÓNS A ACTOS DE CARÁCTER RELIXIOSO REXEITADAS

Somos Maioría Vilagarcía é unha formación aconfesional e polo tanto, calquera persoa que a represente non vai asistir a ningún acto relixioso en representación do Grupo Político. Se ben pode facelo a título particular, o noso concelleiro rexeitou todas as invitacións a actos relixiosos que recibiu:

San Antonio de Renza.

Santísimo Sacramento da Aldea de Arriba de Cea.

Asociación Cultural de San Antonio de Cea.

Confraría de Vilaxoán.

Confraría do Carril.

San Roque de Bamio.

Santa Plácida de Rubiáns.

San Miguel de Trabanca Badiña.

San Miguel da Torre.

Virxe do Rosario de Vilaxoán.

Asociación de Mulleres Rurais A Canteira da Laxe.

San Xosé da Aldea de Arriba de Cea.

Nosa Señora de Cea.

Confraría Santísimo Sacramento da Parroquia de Santa Baia.

San Antonio do Carril.

San Xoán de Bamio.

Asociación do Apostolado da Oración da Parroquia de Santa Baia.

Do mesmo xeito, o noso representante rexeitou as entradas que lle reservaron na súa calidade de Concelleiro e só acudiu a algunha delas a título particular e despois de pagar a súa entrada. A listaxe de reservas e entradas rexeitadas é a que segue:

Basket Base Club.

Arosa S.C.

Monólogo “Unhas Risas con Isi”.

Festival As Revenidas 2015 e 2016.

Torneo Encesta Rías.

Coral de Sobradelo.

Festival Folclórico Xeada 2015 e 2016.

Concertos Coro Liceo Casino.

Coral Rosalía de Castro.

Payasolandia.

150 aniversario da Banda Municipal de Música.

Concerto Los Secretos.

Concerto Homenaxe a Margarita Guerra.

Monólogo Quique San Francisco.

Concerto Panorama Kids.

Concerto Canta Juegos.

Actuación “Vaia Banda” da Banda Municipal de Música.

Monólogo Quico Cadaval.

Representación “Carrapuchiña Vermella”.

Concerto de Fin de Ano da Banda Municipal de Música.

Actuación “Un Ramón de Mandarinas”.

Actuación “Os Sete Magníficos máis un Concerto Máxico”.

Representación “Espinete no existe”.

Gala AFASAL.

Representación “Perplexo”.

• Representación “Amigos ata a Morte”.

Concerto Coro do Liceo Casino de Vilagarcía.

Presentación do disco “Mar de Fóra”.

Actuación Ópera “La Scala di Seta”.

XXI Vilagarcía Basket Cup.

Reperesentación “Menú de Noite”.

Representación “Palabras Malditas”.

Actuación The New Raemon.

V Mostra Musical do Eixo Atlántico.

Representación “Os Amores de Jack O Fatalista”.

Actuación María do Ceo.

Representación “O Lobo e a Lúa”.

Concerto Sociedade Filarmónica de Vilagarcía.

Monólogo de Agustín Jiménez.

Monólogo de David Guapo.

Remonte Río Ulla.

Concerto da Orquestra de Cámara Galega.

Representación “A Filla de Woody Allen”.

En canto a outros actos aos que foi convidado e que non supoñía a aceptación de ningún privilexio (entradas ou reservas gratuítas), o noso concelleiro recibiu as seguintes invitacións pero xustificou a súa ausencia por non poder asistir. Foron as seguintes:

Izado das Bandeiras Azuis nas praias de Bamio e Vilaxoán.

Inauguración exposición de Cristina Sierra-Villegas.

Inauguración remodelación da Praza de España.

Inauguración exposición de Marisa Redondo.

Inauguración exposición “Relatos Cruzados”.

XXII Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía.

Mostra de Embarcacións Tradicionais de Vilaxoán.

Inauguración exposición de Kike Ortega.

Descubrimento Placa Conmemorativa Cemiterio Municipal.

Actos Solidariedade co Pobo Saharaui en Pontevedra.

Descubrimento Placa Homenaxe AMUPARNA no Carril.

Actos da A.C. O Gato Negro do Carril.

Festival Benénfico “O Noso Lar”.

1º Foro de Dinamización da Xuventude de Vilagarcía.

Presentación Club de Triatlón Vilagarcía.

Inauguración exposición de Paz Antón.

Xornada Normalización Lingüística da Deputación Provincial.

Gala AFASAL.

Inauguración exposición de Lino Silva.

Inauguración exposición de Milagros Morán.

Descubrimento placa Praza II República.

Lectura do Quixote no IES Armando Cotarelo Valledor. Presentación Torneo Arousa Fútbol 7.

Seminario “Cidades amigas d@s nen@s” en Granada.

Xornadas da Memoria.

Actos Día das Letras Galegas na A.C. O Gato Negro.

Comida coas traballadoras e traballadores do Concello.

Festival da A.C. Nós de Sobradelo.

Imposición de Encomendas e Medallas á Policía Local.

II Festival das Cantareiras Bulideiras.

XXVI Festa Local do Deporte.

Inauguración exposición de Moncho Pazos.

Sardiñada Popular de Zona Aberta.

Inauguración exposición “Tecnorevolución”.

Presentación Escola Municipal de Remo.

Inauguración placa homenaxe a Mari Paz Vilas.

Inauguración exposición alumnado da Escola de Arte do Liceo Casino.

Inauguración da exposición de novos valores na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Desfile do Traxe Rexional Galego do TDAH Salnés.

Visita guiada á exposición “De Castelao ao Mañá: Unha Ollada ao Cómic Galego”.