Arquivo da categoría: Sen categorizar

Resumo da Xestión II: Rogos e Preguntas Realizadas nos Plenos

Ademais das mocións presentadas polo noso grupo, aprobadas todas, Somos Maioría Vilagarcía realizou na quenda de Rogos e Preguntas das diferentes sesións plenarias as seguintes intervencións:

· Pleno 27 de agosto de 2015:

Rogo sobre a sinalización da entrada e saída de Vilaxoán.

Rogo sobre a mellora da sinalización viaria no Piñeiriño.

Rogo sobre a adopción de medidas na Rúa Cervantes.

Pregunta sobre a retirada da Bandeira Azul na Praia do Campanario (Bamio).

· Pleno 24 de setembro de 2015:

Pregunta pola supervisión por parte do Concello sobre os bancos de libros.

Rogo sobre a vontade de traballo de SM. Que ninguén presupoña que non queremos traballar.

· Pleno 29 de outubro de 2015:

Petición de limpeza do Regato do Facho (A Escardia).

· Pleno 26 de novembro de 2015:

Petición de limpeza e desratización da Rúa Vista Alegre.

Pregunta sobre a situación do Servizo de Edicións do Concello.

Rogo sobre os actos de homenaxe a Manuel Blanco Mariño.

Rogo sobre o cartel de “Arosa Park”.

Pregunta sobre o Regato do Facho.

· Pleno 30 de decembro de 2015:

Pregunta sobre a resposta de Augas de Galicia sobre o Regato do Facho.

Petición de pintado de liñas que limiten o aparcamento na Rúa Illa de Ons (Cornazo).

Pregunta sobre a paralización das obras de derrubamento do C.I.R.A.

Rogo sobre unha farola da Rúa Vandorra (Cornazo).

Rogo sobre a protección do Cruceiro de San Roque (O Carril).

· Pleno 25 de febreiro de 2016:

Pregunta sobre a situación do cruceiro da Igrexa de Santiago do Carril.

Rogo sobre presionar a Augas de Galicia para a limpeza do Regato do Facho.

· Pleno 26 de maio de 2016:

Pregunta sobre a situación do Servizo de Edicións do Concello.

Pregunta polos Tornos de Alfarería.

· Pleno 30 de xuño de 2016:

Pregunta sobre o Servizo de Publicacións do Concello.

Pregunta sobre o Cruceiro do San Roque (O Carril).

Rogo sobre a reparación da parada de autobús das Pistas.

Rogo sobre a limpeza e desratización en Pereira.

· Pleno 28 de xullo de 2016:

Rogo sobre a reparación da marquesiña da parada de autobús das Pistas.

· Pleno 25 de agosto de 2016:

Rogo sobre a reparación da marquesiña da parada de autobús das Pistas.

Pregunta sobre as medidas de rexeneración da herba da Praza de España.

Pregunta sobre os actos de homenaxe aos aviadores de Xiabre.

Rogo sobre o engrosamento do programa das festas de San Roque coa Mesa das Verbas.

Teléfono Móbil de Somos Maioría Vilagarcía

Desde agora, podedes poñervos en contacto co noso Grupo Municipal mediante o número de teléfono 697686259, onde poderemos atender todas as vosas consultas e propostas.

Por norma xeral (agás casos nos que por motivos laborais o noso concelleiro non estea en Vilagarcía) o horario de atención da nosa oficina no Concello será de luns a venres, de 9:30 a 11:30 da mañá. Fóra deste horario, acordándoo previamente no teléfono, no correo electrónico ou enviando un comentario a esta mesma páxina, poderemos atendervos na oficina ou en calquera lugar que estimedes oportuno.

Estamos contigo, Xurxo!

Desde Somos Maioría Vilagarcía de Arousa queremos manifestar o noso apoio total ao compañeiro de Somos Cambados Xurxo Charlín Trigo, ante os feroces ataques do Partido Popular.

Non imos entrar en se o fin xustifica os medios ou non; nin sequera na forma que empregou o noso compañeiro de denunciar algo terrible que acontece en todas as ocasións nas que se celebran eleccións por todo o país: a carretaxe de persoas maiores (en moitos casos xente que non é nin consciente do que está facendo) á que levan aos colexios electorais e á que lle poñen na man o voto a unha determinada forza política.

O grave deste asunto non é que o noso compañeiro fixese unha gravación máis ou menos afortunada. O que realmente fai que lles ferva a conciencia democrática a moreas de persoas é que se sabe que se seguen practicando auténticos atentados contra a dignidade das persoas e contra a democracia e semella que hai a quen non lle gusta que iso se faga público.

Estamos contigo, Xurxo. Ánimo, compañeiro!

IN MEMORIAM

Acabamos de recibir a triste noticia do falecemento de Víctor Manuel de Castro Conde, funcionario municipal do Concello de Vilagarcía.

Víctor levaba moito tempo loitando contra unha enfermidade que , por desgraza, gañou a partida.

Desde Somos Maioría queremos manifestar a nosa dor e enviarlle ánimos á súa familia nestes momentos tan duros.

Que a terra lle sexa leve!