Resumo da Xestión V: estado de contas e declaración de bens

Unha vez recibidos os últimos documentos, xa subidos a este mesmo blog, poñemos á vosa disposición o balance das nosas contas, así como a declaración de bens do noso concelleiro desde que comezou a nosa andaina na Corporación Municipal.

Gaspar Antonio González Somoza, en calidade de concelleiro de Somos Maioría Vilagarcía percibiu desde o día 13 de xuño de 2015 ata a actualidade a cantidade bruta de 4.510 €.

Tal e como esixe a lei, para poder asumir a súa acta de concelleiro, tivo que facer unha declaración de bens, que consta unicamente dun turismo en copropiedade matriculado en abril de 2007, valorado nese momento en 3.000€.  Achéganse as imaxes do documento asinado na Secretaría Xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa o 8 de xuño de 2015.

declaracion-de-bens-de-electos-1 declaracion-de-bens-de-electos-2 declaracion-de-bens-de-electos-3

Ademais diso, no momento de aceptar o seu cargo, na conta corrente do concelleiro había un saldo positivo de 258,36€. No momento actual, o saldo nesa mesma conta, na que se ingresan as nóminas percibidas en concepto de asistencia a plenos e comisións informativas ademais dos ingresos pola súa actividade profesional no eido artístico, é de 1.078,73€.  Achégase tamén copia do Rexistro de Incompatibilidades de Electos no cal se declara a relación de actividades profesionais que lle proporcionan ingresos económicos, asinada o 8 de xuño de 2015.

rexistro-de-incompatibilidade-de-electos-1 rexistro-de-incompatibilidade-de-electos-2

Polo que respecta á conta corrente do noso grupo municipal, despois das achegas que realiza o Concello de Vilagarcía, o saldo é de 7.170,49€, pendentes de ser empregados no que conveña a nosa Asemblea.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *