Tal e como nos comprometemos no noso Código Ético, a nosa representación rexeita os privilexios dos que poden gozar aquelas persoas que fosen elixidas como representantes públicas. Así, durante todo este período, o noso concelleiro recibiu a invitación a determinados actos e ofrecémosvos a listaxe daqueles aos que acudiu en representación do noso Grupo Municipal ou aqueles aos que rexeitou asistir por diferentes motivos.
ACTOS AOS QUE ASISTIU
- Comida do Basket Base Club Vilagarcía: asistiu despois do xantar a saudar. Non aceptou o convite á comida.
• Romaría das Persoas Maiores 2015 e 2016: asistiu despois do xantar a saudar e participar na entrega de premios dos campionatos e concursos que se celebraron. Non aceptou o convite á comida.
• Actos protocolarios da Fundación Lar.
• Actos culturais da AA.VV. de Fontecarmoa.
• Pregón Festas de San Roque 2015 e 2016.
• Recepción no Concello a Gustavo César Veloso como gañador da Volta a Portugal.
• Festas de San Miguel da Torre: asistiu a título particular a unha verbena. Rexeitou participar nos actos relixiosos.
• Acto homenaxe a Manuel Blanco Mariño.
• Arousa Fútbol 7: asistiu á fase final do campionato e participou na entrega de trofeos. Rexeitado o convite, pagou na billeteira a súa entrada.
• Inauguración da exposición “Petografías” no Salón García.
• Homenaxe aos tres aviadores falecidos no monte xiabre o 8 de setembro de 2016: ademais de ser o noso o grupo que presentou a moción para esta homenaxe, o noso concelleiro asistiu como membro da Corporación Municipal aos actos ao pé do monumento e á inauguración da exposición fotográfica e á presentación do documental sobre o accidente. Rexeitou o convite ao pincho posterior na Casa da Cultura de Guillán.
INVITACIÓNS A ACTOS DE CARÁCTER RELIXIOSO REXEITADAS
Somos Maioría Vilagarcía é unha formación aconfesional e polo tanto, calquera persoa que a represente non vai asistir a ningún acto relixioso en representación do Grupo Político. Se ben pode facelo a título particular, o noso concelleiro rexeitou todas as invitacións a actos relixiosos que recibiu:
• San Antonio de Renza.
• Santísimo Sacramento da Aldea de Arriba de Cea.
• Asociación Cultural de San Antonio de Cea.
• Confraría de Vilaxoán.
• Confraría do Carril.
• San Roque de Bamio.
• Santa Plácida de Rubiáns.
• San Miguel de Trabanca Badiña.
• San Miguel da Torre.
• Virxe do Rosario de Vilaxoán.
• Asociación de Mulleres Rurais A Canteira da Laxe.
• San Xosé da Aldea de Arriba de Cea.
• Nosa Señora de Cea.
• Confraría Santísimo Sacramento da Parroquia de Santa Baia.
• San Antonio do Carril.
• San Xoán de Bamio.
• Asociación do Apostolado da Oración da Parroquia de Santa Baia.
Do mesmo xeito, o noso representante rexeitou as entradas que lle reservaron na súa calidade de Concelleiro e só acudiu a algunha delas a título particular e despois de pagar a súa entrada. A listaxe de reservas e entradas rexeitadas é a que segue:
• Basket Base Club.
• Arosa S.C.
• Monólogo “Unhas Risas con Isi”.
• Festival As Revenidas 2015 e 2016.
• Torneo Encesta Rías.
• Coral de Sobradelo.
• Festival Folclórico Xeada 2015 e 2016.
• Concertos Coro Liceo Casino.
• Coral Rosalía de Castro.
• Payasolandia.
• 150 aniversario da Banda Municipal de Música.
• Concerto Los Secretos.
• Concerto Homenaxe a Margarita Guerra.
• Monólogo Quique San Francisco.
• Concerto Panorama Kids.
• Concerto Canta Juegos.
• Actuación “Vaia Banda” da Banda Municipal de Música.
• Monólogo Quico Cadaval.
• Representación “Carrapuchiña Vermella”.
• Concerto de Fin de Ano da Banda Municipal de Música.
• Actuación “Un Ramón de Mandarinas”.
• Actuación “Os Sete Magníficos máis un Concerto Máxico”.
• Representación “Espinete no existe”.
• Gala AFASAL.
• Representación “Perplexo”.
• Representación “Amigos ata a Morte”.
• Concerto Coro do Liceo Casino de Vilagarcía.
• Presentación do disco “Mar de Fóra”.
• Actuación Ópera “La Scala di Seta”.
• XXI Vilagarcía Basket Cup.
• Reperesentación “Menú de Noite”.
• Representación “Palabras Malditas”.
• Actuación The New Raemon.
• V Mostra Musical do Eixo Atlántico.
• Representación “Os Amores de Jack O Fatalista”.
• Actuación María do Ceo.
• Representación “O Lobo e a Lúa”.
• Concerto Sociedade Filarmónica de Vilagarcía.
• Monólogo de Agustín Jiménez.
• Monólogo de David Guapo.
• Remonte Río Ulla.
• Concerto da Orquestra de Cámara Galega.
• Representación “A Filla de Woody Allen”.
En canto a outros actos aos que foi convidado e que non supoñía a aceptación de ningún privilexio (entradas ou reservas gratuítas), o noso concelleiro recibiu as seguintes invitacións pero xustificou a súa ausencia por non poder asistir. Foron as seguintes:
• Izado das Bandeiras Azuis nas praias de Bamio e Vilaxoán.
• Inauguración exposición de Cristina Sierra-Villegas.
• Inauguración remodelación da Praza de España.
• Inauguración exposición de Marisa Redondo.
• Inauguración exposición “Relatos Cruzados”.
• XXII Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía.
• Mostra de Embarcacións Tradicionais de Vilaxoán.
• Inauguración exposición de Kike Ortega.
• Descubrimento Placa Conmemorativa Cemiterio Municipal.
• Actos Solidariedade co Pobo Saharaui en Pontevedra.
• Descubrimento Placa Homenaxe AMUPARNA no Carril.
• Actos da A.C. O Gato Negro do Carril.
• Festival Benénfico “O Noso Lar”.
• 1º Foro de Dinamización da Xuventude de Vilagarcía.
• Presentación Club de Triatlón Vilagarcía.
• Inauguración exposición de Paz Antón.
• Xornada Normalización Lingüística da Deputación Provincial.
• Gala AFASAL.
• Inauguración exposición de Lino Silva.
• Inauguración exposición de Milagros Morán.
• Descubrimento placa Praza II República.
• Lectura do Quixote no IES Armando Cotarelo Valledor. • Presentación Torneo Arousa Fútbol 7.
• Seminario “Cidades amigas d@s nen@s” en Granada.
• Xornadas da Memoria.
• Actos Día das Letras Galegas na A.C. O Gato Negro.
• Comida coas traballadoras e traballadores do Concello.
• Festival da A.C. Nós de Sobradelo.
• Imposición de Encomendas e Medallas á Policía Local.
• II Festival das Cantareiras Bulideiras.
• XXVI Festa Local do Deporte.
• Inauguración exposición de Moncho Pazos.
• Sardiñada Popular de Zona Aberta.
• Inauguración exposición “Tecnorevolución”.
• Presentación Escola Municipal de Remo.
• Inauguración placa homenaxe a Mari Paz Vilas.
• Inauguración exposición alumnado da Escola de Arte do Liceo Casino.
• Inauguración da exposición de novos valores na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
• Desfile do Traxe Rexional Galego do TDAH Salnés.
• Visita guiada á exposición “De Castelao ao Mañá: Unha Ollada ao Cómic Galego”.