Resumo da Xestión I: Mocións Presentadas nos Plenos

Moción para a repoboación arbórea en Cornazo, Rodrigo de Mendoza, Praia Compostela e Praza de Abastos: presentada no Rexistro Xeral do Concello o 17 de setembro de 2015 e APROBADA POR UNANIMIDADE no pleno ordinario dese mes.

Moción para a creación de bolsas de axuda a estudantes para o pago de taxas e transporte: presentada o 17 de outubro de 2015 e APROBADA POR UNANIMIDADE cunha pequena modificación tal e como figura na Acta da Sesión Plenaria correspondente, celebrada o día 29 dese mesmo mes:

ACÓRDASE Aprobar a moción presentada polo grupo municipal de Somos Maioría e pór en marcha un programa de axudas para o pagamento de taxas académicas e transporte para estudantes universitarios e tamén de transporte para estudantes de Formación Profesional da nosa localidade que teñan que desprazarse en transporte público aos seus centros de ensino.

Cómpre destacar que no pleno do mes de maio houbo unha proposta de modificación de crédito por parte do grupo de goberno que incluía unha partida económica para este mesmo fin.

Moción conxunta co BNG e EU-Son para a adhesión do Concello de Vilagarcía de Arousa á proposta realizada desde a Mesa Pola Normalización Lingüística de adscrición do Concello ao compromiso coa Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas, presentada o 17 de febreiro de 2016 e que foi aprobada polos 13 votos a favor de Somos Maioría, BNG, EU-Son, PSdG-PSOE e os 7 votos en contra do Partido Popular.

Moción para a celebración dunha homenaxe en memoria dos aviadores falecidos o 8 de setembro de 1976 no Monte Xiabre, presentada o 20 de xuño por petición da Asociación Veciñal Santiago de Afora de Trabanca Sardiñeira e acordada tamén coa Asociación de Veciños de Guillán, que interviñeron no pleno. Na moción, APROBADA POR UNANIMIDADE, incluíuse un terceiro punto nos acordos:

O Concello de Vilagarcía de Arousa colaborará no financiamento dun documental sobre o accidente do día 8 de setembro de 1976 no Monte Xiabre, en proceso de elaboración no momento de aprobación desta moción.

Moción contra o uso do glifosato no Concello de Vilagarcía de Arousa, que se presentou o 15 de xullo e que se APROBOU POR UNANIMIDADE no pleno do día 28 dese mesmo mes. A moción redactouse en base a unha iniciativa que presentou no Parlamento Galego a deputada do Grupo Mixto Mónica Fernández. Dita proposta deriva de iniciativas populares e de carácter ecoloxista que están circulando polas redes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *