Estamos contigo, Xurxo!

Desde Somos Maioría Vilagarcía de Arousa queremos manifestar o noso apoio total ao compañeiro de Somos Cambados Xurxo Charlín Trigo, ante os feroces ataques do Partido Popular.

Non imos entrar en se o fin xustifica os medios ou non; nin sequera na forma que empregou o noso compañeiro de denunciar algo terrible que acontece en todas as ocasións nas que se celebran eleccións por todo o país: a carretaxe de persoas maiores (en moitos casos xente que non é nin consciente do que está facendo) á que levan aos colexios electorais e á que lle poñen na man o voto a unha determinada forza política.

O grave deste asunto non é que o noso compañeiro fixese unha gravación máis ou menos afortunada. O que realmente fai que lles ferva a conciencia democrática a moreas de persoas é que se sabe que se seguen practicando auténticos atentados contra a dignidade das persoas e contra a democracia e semella que hai a quen non lle gusta que iso se faga público.

Estamos contigo, Xurxo. Ánimo, compañeiro!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *