Ingresos Grupo Municipal Somos Maioría

Para cumprir co principio de transparencia publicamos o percibido ata agora polo Grupo Político Municipal de Somos Maioría (PDDdG). A día de hoxe, a conta presenta un saldo de 2.400 €.

Ingresos Grupo Municipal outubroIngresos Grupo Municipal xullo e agostoIngresos Grupo Municipal setembro

 

Xa nos manifestamos no pleno organizativo contra as subidas das aportacións para gastos de sostemento dos grupos políticos porque sabiamos da existencia de locais para a oposición. Despois soubemos que estes estaban equipados con material do concello (ordenador, teléfono…). Ultimamente soubemos que tamén o concello repón o material de oficina (tinta de impresora, papel…). Finalmente, informóusenos de que nunca o Pleno do Concello de Vilagarcía de Arousa solicitou a contabilidade dos grupos municipais.

Somos Maioría Vilagarcía deberá decidir en asemblea que convocará en próximas datas que fai coa súa asignación. Mentres tanto informamos:

Cada corporación decide o importe total a repartir entre os grupos políticos que a integran. A lei esixe a cada grupo que leve unha contabilidade da asignación que ademais terá que pór a disposición do pleno da corporación cando este a solicite.

A Intervención municipal só pode fiscalizar tales achegas se o pleno así o establece.

Como a contabilidade a leva o propio grupo e só a mostra ao pleno cando este o pide, a contabilidade municipal só rexistra as saídas de fondos aos grupos pero non ten os xustificantes do destino dado polo grupo aos fondos. Débeo ter rexistrado e arquivado o grupo pero só a disposición do pleno. Polo tanto, esta contabilidade dos grupos non se integra na conta xeral que cada ano debe aprobar a corporación e, así mesmo, o Tribunal de Contas, que coñece a conta xeral, non as fiscaliza.

En canto ao destino destas asignacións, a regulación establece que deben destinarse á realización dos gastos de funcionamento do grupo, non podendo empregarse no pago de remuneracións de persoal de calquera tipo ao servizo do Corporación, nin tampouco na adquisición de bens que poidan constituír activos fixos. Os propios concelleiros do grupo non poden percibir cantidades destas asignacións. Ademais, tampouco poden servir ao financiamento dos respectivos partidos políticos nin a fundacións ou outras entidades vinculadas ao partido político.

Aquí podedes ver a acta do pleno ordinario de setembro onde se aprobaron estas asignacións:

Acta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *