FINANCIAMENTO CAMPAÑA ELECTORAL

As persoas de Somos Maioría Vilagarcía cremos nunha economía equilibrada, na que prime a transparencia e non haxa malgasto. Por iso, sendo consecuentes cos nosos principios, pensamos unha campaña humilde e faremos públicos, no noso blog e nas redes sociais, todos os ingresos e gastos que fagamos.

Se queres colaborar con nós, podes facer unha doazón dun euro mercando unha rifa na que sorteamos unha noite de hotel. Para iso, só tes que contactar con nós, achegarte ás nosas asembleas ou escribirnos a info@vilagarcia.somosmaioria.org

rifa

Tamén aproveitamos para lembrar que a través deste mesmo enderezo podedes facernos achegas, comentarios ou suxestións.

‪#‎QueremosAlgoDiferente‬ ‪#‎ConstruíndoVilagarcía‬

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *