Arquivo da categoría: Convocatorias

Convocatoria asembleas abertas os martes 22 e 29 de decembro 2015

asemblea


 

Convócanse asembleas abertas de Somos Maioría para os martes, 22 e 29 de decembro de 2015 no Auditorio ás 20:00 horas coa seguinte

ORDE DO DÍA

1. Lectura e aprobación, se procede, das actas das últimas asembleas.

2. Informacións internas.

3. Pleno ordinario decembro.

4. Rogos e preguntas.

Convócanse dous días por se non dera tempo rematar antes da hora de peche do auditorio.

Este martes 22 vémonos na Sala de Conferencias e o 29 no Seminario1.

 

ASEMBLEA DE SOMOS MAIORÍA O VENRES 19 de SETEMBRO

O grupo de persoas asinantes do Manifesto Somos Maioría en Vilagarcía de Arousa está convidado a participar nunha nova asemblea local que se vai celebrar este venres, 19 de setembro, ás 20:00 horas, no Local Social do Club de Remo de Vilaxoán.

É importante destacar que desde a primeira reunión aumentou considerablemente o número de asinantes no noso concello, polo que podemos presumir de estar comezando a cambiar as cousas e de estar facendo política como nós entendemos que se debe facer, desde abaixo, da man da xente do común, que día a día, co seu esforzo, é a que pode cambiar a situación na que nos atopamos.

Polo tanto, co convencemento de que este aumento de asinantes é a demostración de que existe vontade de traballo para mudar a política actual, esperamos que nesta nova asemblea do venres, ademais de asistir, vaiamos todas e todos con ideas e proxectos que se poidan levar aos feitos.

E se coñecedes algunha persoa que estea interesada en asinar o manifesto e unirse ao noso traballo, non dubidedes en convidala a asinar en vilagarcia.somosmaioria.org

Agardámosvos!